mércores, 22 de xuño de 2016

Actividade Kahoot

O Luns 20 fixemos a actividade a través da web Kahoot! na aula de Usos Múltiples. Fixemos varios tipo test, entre eles un sobre os factores do clima.




martes, 21 de xuño de 2016

Encontros cos nosos maiores


Imos colgar unha entrevista onde se fala de diversos aspectos do clima vistos dende o punto de vista dunha persoa maior, onde escoitaremos as explicacións que se lle daban ( e todavía permanecen) a certas costumes.
Moitas felicidades a nosa alumna Antía Villar de 3ºB pola entrevista!
Imos poñer enlaces a dropbox, xa que o Blogger non permite videos de máis de 100 MB.


https://www.dropbox.com/s/8osu8b0huavu1ls/primeira%20parte.MOV?dl=0

https://www.dropbox.com/s/04h1fe1uejcj9s9/Segunda%20parte.MOV?dl=0


sábado, 18 de xuño de 2016

Gráfica das Temperaturas Xaneiro-Abril


Os nosos compañeiros, guiados polas profesoras de matemáticas, fixeron a análise dos datos de Temperatura do primeiro cuatrimestre do ano na nosa localidade. Logo pasaron os datos a unha folla de cálculo e fixeron unhas gráficas representando a evolución das temperaturas máximas e mínimas. Aquí unha mostra:

Nótese que as mínimas do período foron rexistradas no mes de Abril e as máximas no mes de Xaneiro!

Gañadores concurso murales do clima


Xa temos gañadores dos murales do clima!
O xurado composto polos titores dos terceiros da ESO, seguindo unhas rúbricas (https://www.dropbox.com/s/yr4c4ml8l4orf7d/Rubricas%20clima.doc?dl=0) para valorar diversos aspectos dos traballos, remataron xa e deron un gañador en cada categoría (cartulina e diapositivas)
Mural gañador: Os perigos do cambio climático/O clima importa do grupo de 3ºPMAR.
Diapositivas: As precipitacións de Roberto, alumno de 3ºB.
Felicidades!!!

sábado, 4 de xuño de 2016

Prácticas sobre a Presión dos gases (e V)


Nestas prácticas das botellas, algúns compañeiros/as foron capaces de encher o globo dentro da botella e outros non. Cal era o truco? un furado feito polos profesores nos laterales ou fondos das botellas, que permitía a saída de aire da botella e, en consecuencia, a entrada de aire no globo. As alumnas/os que tiñan a botella furada e o globo hinchado tiñan que mantelo así unha vez que retiraban a boca do globo e da botella. Como? Tapando o burato cun dedo, impiden a entrada de aire de volta na botella, que desplazaría o aire que está no globo. Namentres o burato está tapado, o aire do globo está a mesma presión que o aire do exterior, polo que non hai desplazamento neto do aire e o globo non se desinfla.
Logo algúns compañeiros/as, sen soltar o burato, encheron o globo de auga, para comprobar se a forza da entrada do aire polo burato era capaz de desplazar fora da botella o peso da auga no globo...




Prácticas sobre a Presión dos gases (IV)


O seguinte experimento consistiu en proporcionar ao alumnado unha botella de plástico baleira e un globo por persoa. Pediuselles que colocasen o globo na boquilla cara adentro e que o intentasen encher de aire...






Gráficos Maio estación secundaria

 Xa temos feitos os gráficos dos datos de Maio que nos proporciona a estación meteorolóxica secundaria da caseta de enerxías renovables.
Algunha xente preguntounos porque non poñemos o gráfico da velocidade do vento. A resposta é que, despóis de mirar os datos, analizalos e comparalos con outras estacións; chegamos a conclusión de que ao anemómetro faille falta un mantemento ou ten pouca sensibilidade e que a situación dos edificios colindantes tapa a maioría dos ventos nesa situación.
Intentaremos buscar unha solución para o ano que ven.




xoves, 2 de xuño de 2016

Prácticas sobre a presión dos gases (III)


Máis vídeos dos nosos compañeiros...



Os compañeiros foron capaces de relacionar a variación de Temperatura dentro do matraz co aumento de volume do gas e a saída de aire do matraz. Cando tapan o matraz co ovo cocido, o osíxeno consúmese polos mixtos e estos apáganse, co que a temperatura baixa de súpeto. Nese intre, o gas contrae o seu volume e créase unha diferenza de Presión entre o interior (menor) e o exterior (maior), polo que o aire exterior empurra o ovo cara o interior. 
Extrapolaron este suceso co que ocorre na atmosfera entre zonas de altas presións (Anticiclóns) e baixas presións (Borrascas), nas que o vento diríxese das primeiras cara as segundas, máis rápido, canta máis diferenza de Presión haxa entre as dúas zonas.

Prácticas sobre a presión dos gases (II)

Outros poucos exemplos da práctica do ovo...






Prácticas sobre Presión dos gases (I)


Grazas a colaboración do departamento de Física e Química e a libre disposición de horas nas titorías de 3º da ESO (grazas compañeiro/as), fixemos durante varios días do mes de Maio unhas experiencias sobre Presión dos gases no laboratorio e a súa relación coa presión atmosférica e o tempo.

A primeira foi preguntarlles ao alumnado como se pode introducir un ovo cocido nun matraz erlenmeyer só cuns mixtos. Aínda que os primeiros intentos non foron exitosos, este foi o resultado...












mércores, 1 de xuño de 2016

Climogramas anuais


Estos son algúns dos climogramas anuais de Cedeira que fixeron os compañeiros de 3º da ESO...





Climogramas Mensuais


Na clase de Xeografía e Historia, o alumnado realizou diversos climogramas utilizando os datos de Cedeira para elaborar gráficos anuales e mensuales de Xaneiro a Abril. De seguido algúns exemplos de climograma mensual...







Traballos expostos na pantalla da entrada do centro


Xa podedes ver os traballos que fixeron algúns alumnos sobre o clima e que están proxectándose na pantalla da entrada do instituto.

https://www.dropbox.com/s/kqn2q84i5w11bc1/BIOLOX%C3%8DA%20AS%20TORMENTAS%20alvaro.pptx?dl=0

https://www.dropbox.com/s/ziueh8apj1epl7p/FACTORES%20QUE%20INFLUEN%20NO%20CLIMA%20E%20OS%20SEUS%20antia%20vicente.pptx?dl=0

https://www.dropbox.com/s/celmd2l6v6j7fd6/LA%20FORMACI%C3%93N%20DE%20LA%20LLUVIA%20antonio%20marta.pptx?dl=0

https://www.dropbox.com/s/gfkfpgj7v4ojdqn/lahumedadlasnubesylasprecipitaciones%20iker.pptx?dl=0

https://www.dropbox.com/s/z9b26atwrkqgd3a/LAS%20PRECIPITACIONES%20carmen.pptx?dl=0

https://www.dropbox.com/s/2g7la2mhpphqjr4/precipitaci%C3%B3ns%20roberto.ppt?dl=0

https://www.dropbox.com/s/h5r9sutdch14anc/RECORDS%20METEOROL%C3%93XICOS%20GALEGOS%20barcia.pptx?dl=0

https://www.dropbox.com/s/6n9md32c6n7w6rm/TRABAJO%20BIOLOGIA%20INES%20Y%20LYDIA.pptx?dl=0

https://www.dropbox.com/s/6l66ar8cyee0a6l/Os%20halos%28traballo%20biolox%C3%ADa%29.pptx?dl=0


xoves, 26 de maio de 2016

Mural sobre aspectos do clima


Xa temos expostos na entrada do Instituto algúns traballos feitos polo alumnado de 3º sobra aspectos meteorolóxicos ou fenómenos climatolóxicos.
Algúns deles están expostos na pantalla de TV en formato presentación de diapositivas.
Agora, os titores dos cursos procederán a súa valoración tendo en conta aspectos como a presentación, o cumprimento dos requisitos mínimos do traballo, a gramática e a ortografía, o coñecemento sobre o proxecto e o contido, etc.
Cando teñamos as rúbricas de cada titor, anunciaremos os gañadores de cada formato: en cartulina e dixital.







sábado, 21 de maio de 2016

Gráficos Abril estación secundaria





Gráficas Marzo estación secundaria





Gráficas Febreiro estación secundaria





Gráficas Estación Dixital Symphonie


Xa temos algúns datos para comparar os valores entre diferentes meses. Así os alumnos, xunto cos profesores de Matemáticas e Xeografía, están a realizar unha serie de cálculos estatísticos cos que plasmar os datos nuns gráficos e histogramas.
De momento imos comezar a publicar gráficos que realizamos co programa dixital da estación meteorolóxica Symphonie:
- Gráfico mensual de Temperatura media (datos cada 10 minutos) en ºC

- Gráfico mensual da irradiación solar (datos cada 10 minutos) en Watios/m2

- Rosa dos ventos mensual, indicando o porcentaxe de enerxía total do vento en cada dirección e o porcentaxe de tempo total en cada dirección.


Mascota MeteoCandieira


Hoxe presentamos a nova mascota do MeteoCandieira: O señor P. Cornucopio.
Será a imaxe do noso blog na web do instituto, a través da cal accederase ao blog.


martes, 10 de maio de 2016

Concurso mascota MeteoCandieira

Acabado o prazo para presentar os debuxos, xa temos gañador: Antía Vázquez Von Arx, de 3ºB.
Noraboa. Imos redimensionar o debuxo para escanealo e o colgaremos no blog.

martes, 19 de abril de 2016

Instalacións de MeteoCandieira (III)


Como derradeira entrada, sacamos unhas fotos a nosa instalación dixital, que permite a almacenaxe de datos durante meses nunha tarxeta SD, que despois convértense nun arquivo .txt cun programa gratuito, que construe ademáis algunhas gráficas cos parámetros.



Instalacións de MeteoCandieira (II)


Nesta entrada imos colgar as fotos das outras instalacións que xa posuía o centro, e que imos recuperar e poñer en funcionamento para complementar e ampliar os datos de Temperatura e Precipitacións: Un anemómetro, un medidor de Irradiación solar, etc.





Instalacións de MeteoCandieira (I)


Imos colgar as fotos que sacaron os rapaces de como quedaron as instalación no centro.
Primeiro de todo, o Termómetro e o Pluviómetro prestados por Meteogalicia para o proxecto.





mércores, 9 de marzo de 2016

MeteoMon en directo. Ola chámome Mon e son un dos admins. de O Clima Non Da Grima.
Imos publicar neste blog as actividade que vamos facendo os alumnos do Instituto de Cedeira para o MeteoCandieira!!!!