sábado, 4 de xuño de 2016

Prácticas sobre a Presión dos gases (e V)


Nestas prácticas das botellas, algúns compañeiros/as foron capaces de encher o globo dentro da botella e outros non. Cal era o truco? un furado feito polos profesores nos laterales ou fondos das botellas, que permitía a saída de aire da botella e, en consecuencia, a entrada de aire no globo. As alumnas/os que tiñan a botella furada e o globo hinchado tiñan que mantelo así unha vez que retiraban a boca do globo e da botella. Como? Tapando o burato cun dedo, impiden a entrada de aire de volta na botella, que desplazaría o aire que está no globo. Namentres o burato está tapado, o aire do globo está a mesma presión que o aire do exterior, polo que non hai desplazamento neto do aire e o globo non se desinfla.
Logo algúns compañeiros/as, sen soltar o burato, encheron o globo de auga, para comprobar se a forza da entrada do aire polo burato era capaz de desplazar fora da botella o peso da auga no globo...




Ningún comentario:

Publicar un comentario