xoves, 26 de maio de 2016

Mural sobre aspectos do clima


Xa temos expostos na entrada do Instituto algúns traballos feitos polo alumnado de 3º sobra aspectos meteorolóxicos ou fenómenos climatolóxicos.
Algúns deles están expostos na pantalla de TV en formato presentación de diapositivas.
Agora, os titores dos cursos procederán a súa valoración tendo en conta aspectos como a presentación, o cumprimento dos requisitos mínimos do traballo, a gramática e a ortografía, o coñecemento sobre o proxecto e o contido, etc.
Cando teñamos as rúbricas de cada titor, anunciaremos os gañadores de cada formato: en cartulina e dixital.







1 comentario: