xoves, 26 de maio de 2016

Mural sobre aspectos do clima


Xa temos expostos na entrada do Instituto algúns traballos feitos polo alumnado de 3º sobra aspectos meteorolóxicos ou fenómenos climatolóxicos.
Algúns deles están expostos na pantalla de TV en formato presentación de diapositivas.
Agora, os titores dos cursos procederán a súa valoración tendo en conta aspectos como a presentación, o cumprimento dos requisitos mínimos do traballo, a gramática e a ortografía, o coñecemento sobre o proxecto e o contido, etc.
Cando teñamos as rúbricas de cada titor, anunciaremos os gañadores de cada formato: en cartulina e dixital.







sábado, 21 de maio de 2016

Gráficos Abril estación secundaria





Gráficas Marzo estación secundaria





Gráficas Febreiro estación secundaria





Gráficas Estación Dixital Symphonie


Xa temos algúns datos para comparar os valores entre diferentes meses. Así os alumnos, xunto cos profesores de Matemáticas e Xeografía, están a realizar unha serie de cálculos estatísticos cos que plasmar os datos nuns gráficos e histogramas.
De momento imos comezar a publicar gráficos que realizamos co programa dixital da estación meteorolóxica Symphonie:
- Gráfico mensual de Temperatura media (datos cada 10 minutos) en ºC

- Gráfico mensual da irradiación solar (datos cada 10 minutos) en Watios/m2

- Rosa dos ventos mensual, indicando o porcentaxe de enerxía total do vento en cada dirección e o porcentaxe de tempo total en cada dirección.


Mascota MeteoCandieira


Hoxe presentamos a nova mascota do MeteoCandieira: O señor P. Cornucopio.
Será a imaxe do noso blog na web do instituto, a través da cal accederase ao blog.


martes, 10 de maio de 2016

Concurso mascota MeteoCandieira

Acabado o prazo para presentar os debuxos, xa temos gañador: Antía Vázquez Von Arx, de 3ºB.
Noraboa. Imos redimensionar o debuxo para escanealo e o colgaremos no blog.